EDICIóN GENERAL

Thomas Sankara: revolución y muerte en Burkina Faso

#39 a que te refieres?
#40 lo escribí mal. Quería decir que sí menciona la campañas de alfabetizacion
#41 Si, acabo de verlo. No me expliqué bien. Creo que habia estado bien que profundizasen mas.


As principais prioridades de Sankara ao chegar ao poder foron dar alimento, vivenda e atención médica ao seu pobo, que o necesitaba desesperadamente. En outubro de 1984 presentou o "Programa para o Desenvolvemento Popular" a través do cal, en 15 meses, construíronse 351 escolas, 314 centros de saúde materna e dispensarios, e 88 farmacias, así como centos de depósitos e pozos.[40]

Sankara promoveu un gran programa de vacinación nun intento de erradicar a febre amarela, a meninxite e o sarampelo.[7] Nunha semana, dous millóns e medio de burkinenses foron vacinados, nun esforzo que recibiu os parabéns da Organización Mundial da Saúde.[41] O goberno de Sankara tamén foi o primeiro de toda África en recoñecer publicamente a epidemia de SIDA como a maior ameaza para o continente.[42]

Tamén se realizaron proxectos de vivenda e infraestruturas a gran escala. Creáronse fábricas de ladrillos para axudar a construír vivendas nun esforzo por acabar cos barrios marxinais urbanos.[37] Nun intento de loitar contra a deforestación e o avance do deserto do Sahel cara o sur, prohibíronse as cortas indiscriminadas e realizáronse masivas plantacións de árbores.[8]

menéame